Tuesday 16 de April de 2024

Reparto de entradas para as misas exteriores do Nazareno na praza Alcalde Segundo Durán


O Concello da Pobra do Caramiñal informa de que, con motivo da festividade do Nazareno, no 19 de setembro contarase con tres misas na praza Alcalde Segundo Durán: ás 11.15, 12.15 e 13.15 horas.

Estas misas contarán cun exhaustivo protocolo de seguridade fronte á COVID-19, polo que o acceso á dita praza estará controlado mediante entrada con código QR.

Os tíckets xa se poden conseguir de maneira telemática a través do enderezo electrónico nazarenopobra@gmail.com. Será preciso indicar nome e apelidos da persoa titular das entradas e o número de tíckets que se precisan, establecendo un máximo de 4 por persoa, un número de teléfono e especificar a hora da misa á que se quere asistir.

Así mesmo, persoas voluntarias da Protección Civil realizará un reparto presencial á entrada da Novena na igrexa de Santiago do Deán, a partir do día 10, inclusive.

De non completarse a cabida, no propio día 19 habilitarase un posto para a recollida de entradas nas inmediacións da praza.